BlogFormación/Conferencias

Apertura do prazo de inscrición para formación en liña.

O Concello da Coruña presenta unha nova iniciativa de formación en liña totalmente gratuíta para residentes no municipio.

O prazo de inscrición estará aberto do 20 de xuño ao 4 de xullo, día que comezarán os cursos, e que terá como prazo para realizalos ata o 4 de setembro.

Cada persoa poderá seleccionar as accións formativas das áreas de especialización:

  • Comercio e márketing: comercio electrónico, venda en liña, teletraballo e call center, comunity manager, satisfacción do cliente, calidade e atención de queixas, manipulación de alimentos.
  • Idiomas: inglés, francés e alemán en distintos niveis.
  • Administración de empresas: seguridade informática, sinatura dixital, notificacións e rexistro electrónico, trámites en liña coa administración, comunicación, habilidades directivas.

As accións formativas estarán dispoñibles dunha forma integramente en liña e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana.

A información sobre esta formación en liña e as súas particularidades pódese consultar de forma detallada en www.coruna.es/emprego a partir do día 20 de xuño cando se abrirá o prazo de solicitude a través da mesma web municipal de emprego.

https://www.coruna.gal/emprego/gl/detalle/o-20-de-xuno-abrirase-un-novo-prazo-de-inscricion-para-realizar-formacion-en-lina/contenido/1453802403688

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies