Apertura do prazo de inscrición para formación en liña.
O Concello da Coruña presenta unha nova iniciativa de formación en liña totalmente gratuíta para residentes no municipio.
O prazo de inscrición estará aberto do 20 de xuño ao 4 de xullo, día que comezarán os cursos, e que terá como prazo para realizalos ata o 4 de setembro.
Cada persoa poderá seleccionar as accións formativas das áreas de especialización:
- Comercio e márketing: comercio electrónico, venda en liña, teletraballo e call center, comunity manager, satisfacción do cliente, calidade e atención de queixas, manipulación de alimentos.
- Idiomas: inglés, francés e alemán en distintos niveis.
- Administración de empresas: seguridade informática, sinatura dixital, notificacións e rexistro electrónico, trámites en liña coa administración, comunicación, habilidades directivas.
As accións formativas estarán dispoñibles dunha forma integramente en liña e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana.
A información sobre esta formación en liña e as súas particularidades pódese consultar de forma detallada en www.coruna.es/emprego a partir do día 20 de xuño cando se abrirá o prazo de solicitude a través da mesma web municipal de emprego.