Ayudas/SubvencionesBlogNoticias

Programa «Muller 22». Impulso a la contratación de mujeres desempleadas

Os incentivos achéganse ata os 6.000 euros para a contratación de mulleres desempregadas por parte de empresas, autónomos, entidades de economía social e sen ánimo de lucro

O programa enmárcase no Plan Emprega Muller ao que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a destinar este ano case 36M€ para a formación, o acceso, o mantemento e a promoción profesional das traballadoras

«A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mantén aberto ata o vindeiro 30 de setembro o prazo de solicitude para que entidades, empresas e persoas autónomas poidan acceder ás axudas do Programa Muller 22. Estes apoios contan cun orzamento de 6 millóns de euros e poden chegar aos 6.000 euros. A previsión é contratar ata 1.000 mulleres desempregadas con desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.

O obxectivo consiste en contribuír á incorporación das traballadoras ao mercado laboral […]. Para isto, persoas traballadoras autónomas, empresas, entidades de economía social e entidades sen ánimo de lucro poden solicitar os apoios ata o próximo 30 de setembro a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

As mulleres desempregadas deberán figurar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación.  

O Programa Muller 22, […], enmárcase no Plan Emprega Muller que este ano ten en marcha a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 35,8 millóns de euros co fin de atender ás necesidades laborais e de formación das mulleres, como colectivo prioritario. Este Plan artéllase en 8 programas específicos que inclúen apoios integrais para a formación, o acceso, o mantemento, a consolidación e a promoción profesional das mulleres galegas.»

Nota de prensa original

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies